O sénior feminino do CB Sarria xogará este domingo en Pontecesures o partido decisivo polo ascenso

SarriaXa
O equipo afronta a volta da eliminatoria cara á Primeira Autonómica tras unha tempada “extraordinaria”
Pili-Madeira-CB-Sarria-feminino
14 May 2026

O equipo sénior feminino Pili Madeira do CB Sarria disputará este domingo ás 12:30 horas en Pontecesures o partido de volta da eliminatoria polo ascenso á Primeira Autonómica, nun encontro no que todo queda por decidir tras unha campaña marcada polos bos resultados e o esforzo colectivo.

Desde o club destacan que serán “corenta minutos para un soño” despois dunha tempada que cualifican de extraordinaria, ao tempo que trasladan unha mensaxe de apoio ás xogadoras antes dun dos partidos máis importantes do curso. O CB Sarria subliña o carácter loitador, guerreiro e resiliente do equipo, ao que define como un exemplo e un orgullo.

A entidade tamén lembra que a principal identidade do grupo é o espírito de entrega e insiste na importancia da unión do vestiario para afrontar o decisivo encontro. O club quixo mencionar expresamente ás xogadoras Noa, Ángela, Gabi, Uxi, Lúa, Paula, Trebo, Celia, Sara, Clara e Paula do Burgo, ás que desexan sorte neste reto deportivo.

Ademais, o CB Sarria agradeceu ao Concello de Sarria a colaboración prestada para facilitar un autobús que permitirá o desprazamento da afección, coñecida como a “marea amarela”, co obxectivo de apoiar e animar ao equipo nesta cita decisiva.

0.11276412010193