O servizo Coidados porta a porta estará de Triacastela do 5 ao 7 de setembro

SarriaXa
O servizo Coidados porta a porta ofrecerá atención aos maiores de 55 anos de Triacastela
porta a porta bus
31 Aug 2023

Os vindeiros 5, 6 e 7 de setembro o servizo Coidados porta a porta da xunta estará en Triacastela dando servizo ás persoas do rural.

A unidade instalarase diante do centro de saúde do municipio durante tres días para ofrecer un servizo de podoloxía, audioloxía e estimulación de memoria ás persoas maiores de 55 anos.

Para pedir cita previa ou ter máis información, pódese chamar aos números 622 748 283 ou ao 623 546 992.

0.1572048664093