O sorteo da campaña do Día do Pai 'Fai sorrir a papá' da ACES de Sarria celebrarase nas oficinas

SarriaXa
O sorteo da campaña do Día do Pai 'Fai sorrir a papá' da ACES de Sarria celebrarase nas oficinas, que estivo vixente ata o pasado 19 de marzo
Fai sorrir a papa ACES
Fai sorrir a papa ACES
23 Mar 2023

Hoxe ás 13.00 horas celebrarase o sorteo realizado con motivo da campaña do día do pai da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria.

As oficinas de ACES acollerán este evento, que acollerá a todas as persoas que queiran asistir, así como tamén o propio presidente deste Centro Comercial Urbano, Ricardo Arias, asistirá ao sorteo.

Todos os clientes dos establecementos asociados da vila de Sarria que realizaron algunha compra dende o 6 ata o 19 do mes de marzo poderán optar a gañar unha sesión fotográfica en familia a realizar no Garaxe – Formoselle fotógrafos.

Trátase dunha campaña máis de dinamización do comercio da vila e incentivación ao consumo, premiando aos consumidores que fan as súas compras na vila.

0.14952301979065