O teatro familiar de Ghazafelhos chega este venres á Casa da Cultura de Sarria

A Casa da Cultura de Sarria, que alberga a Biblioteca Pública Camilo Gonsar, acollerá este venres, 16 de outubro, un espectáculo da compañía Teatro Ghazafelhos dirixido ao público infantil e familiar. A función comezará ás 17.30 horas e será de balde.
A proposta busca achegar as artes escénicas aos máis pequenos a través dunha tarde de teatro, humor e imaxinación, cunha actividade pensada para compartir en familia.
A actuación forma parte da programación cultural impulsada polo Concello de Sarria e conta co apoio do programa Ler Conta Moito e da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.