O Tremeterra Fest do Incio suma a Nina Girasóis ao seu cartel como nova estrela do reggae

SarriaXa
Coa súa enerxía única e unha conexión profunda coa música de raíz, Nina Girasóis é recoñecida pola súa capacidade para vivir o reggae a través de cada liña
Nina-Girassois
7 May 2025

O Tremeterra Fest, que se celebrará os días 29 e 30 de agosto no impresionante entorno natural do Encoro de Vilasouto, no Concello do Incio, acaba de anunciar unha incorporación de luxo ao seu cartel: Nina Girasóis, unha das voces máis auténticas do reggae e da cultura sound system.

Coa súa enerxía única e unha conexión profunda coa música de raíz, Nina Girasóis é recoñecida pola súa capacidade para vivir o reggae a través de cada liña, cada riddim e cada mensaxe. Sobre o escenario, toma o micrófono con forza e dozura, transmitindo con paixón o seu compromiso coa cultura sound system e os valores de xustiza, comunidade e conciencia que esta representa.

A organización do Tremeterra Fest celebra a incorporación da artista como un paso máis cara á consolidación dun evento que aposta pola diversidade musical e o respecto pola natureza.

O festival, que combina música, cultura e paisaxe, contará ademais con actividades paralelas e propostas para todos os públicos, mantendo o espírito festivo e comprometido que o caracteriza.

⚙ Configurar cookies
0.1451780796051