O Trío Manhattan actuará nas festas de San Esteban de Lousadela, en Sarria

SarriaXa
O Trío Manhattan actuará nas festas de San Esteban de Lousadela, en Sarria durnate o domingo, 4 de xuño de 2023
Trío Manhattan
3 Xuño 2023

A parroquia de San Esteban de Lousadela, en Sarria, celebra as súas festas na honra de San Esteban este domingo, 4 de xuño.

Así, ás 13.00 horas haberá unha misa solemne e unha procesión, que rematará coa sesión vermú amenizada polo trío Manhattan.

Xa pola tarde, ás 17.00 horas haberá unha festa que seguirá coa música do Trío Manhattan. Ademais, haberá un sorteo dun año e un premio de 500 euros.

Festas Lousadela Sarria
0.079041004180908