O TSXG acolle a xura de oito xuíces que exercerán funcións de reforzo en varios xulgados de Galicia

GaliciaXa | SarriaXa | ACoruñaXa
Pertencen á 75.ª Promoción da Carreira Xudicial e os seus destinos son Tribunais de Instancia de Carballo, Ordes, Ribeira, Sarria, Cambados, Cangas do Morrazo, Ponteareas e Vilagarcía
promocion-xuices
30 Jun 2026

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acolleu hoxe a xura ou promesa de seis xuízas e dous xuíces da 75.ª Promoción da Carreira Xudicial, nomeados en funcións de reforzo de diferentes tribunais de instancia da comunidade. O presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Ignacio Picatoste Sueiras, que presidiu o acto, destacou as “responsabilidades” que asumirán.

Ademais, sinalou que, ao longo da súa carreira profesional, deben ser conscientes de que son “un exemplo, un referente para a sociedade”. O presidente do TSXG tamén indicou que deberán “seguir estudando” e lembroulles que se integran “na estrutura do Poder Xudicial”.

Entre o 1 de xullo e o 30 de novembro, reforzarán os Tribunais de Instancia de Carballo, Ordes, Ribeira, Sarria, Cambados, Cangas do Morrazo, Ponteareas e Vilagarcía.

0.11730289459229