O Ultreia Poetry Slam regresa a Sarria o 5 de decembro para inaugurar a tempada 2027

O Ultreia Poetry Slam - Kulturnavila dará comezo á súa tempada 2027 o vindeiro 5 de decembro cunha nova cita na Casa da Cultura de Sarria. O encontro celebrarase ás 20:00 horas e estará aberto á participación de todas as persoas que queiran subir ao escenario e compartir as súas creacións poéticas.
As persoas participantes deberán recitar poemas propios, cun tempo máximo de tres minutos e sen utilizar atrezzo. Unha das particularidades deste formato é que será o público quen vote as intervencións.
Para inscribirse, as persoas interesadas deberán enviar o seu nome, o pseudónimo (de ser o caso) e un número de teléfono ao correo electrónico kulturnavila26@gmail.com.