O vindeiro 1 de abril terá lugar unha Asemblea Xeral Extraordinaria de Meigas e Trasgos

SarriaXa
O vindeiro 1 de abril terá lugar unha Asemblea Xeral Extraordinaria de Meigas e Trasgos para tratar temas importantes
Asociacion Meigas e Trasgos
Asociacion Meigas e Trasgos
10 Mar 2023

A Asociación de Meigas e Trasgos convoca unha Asemblea Xeral Extraordinaria, que terá lugar o vindeiro día 1 de abril.

A primeira convocatoria sera ás 19.30 horas e a segunda ás 20.00 horas no salón de actos do noso Lar social, sito no Chanto (Sarria).

A orde do día consistirá na aprobación, se procede, das contas do ano 2022; a aprobación, se procede, do orzamento para o ano 2023; a revisión dás cotas para este ano 2023, e a revisión e obras no tellado do edificio.

Desde a asociación din que é moi importante tratar estes asuntos, polo que pregan a asistencia dos veciños de Sarria.

0.155837059021