O XI festival musical interxeracións chega este sábado a Sarria

SarriaXa
O XI festival musical interxeracións chega este sábado a Sarria da man da Sociedade Cultural e Recreativa La Unión
festival musical interxeracions portada
festival musical interxeracions portada
19 Ago 2022

Un ano máis chega ao municipio de Sarria o XI festival musical interxeracións este sábado a partir das 13.00 horas, organizado pola Sociedade Cultural e Recreativa La Unión.

Con entrada libre e de balde, os asistentes poderán desfrutar de varias actuacións que comezarán ás 13.00 horas cunha sesión vermú a cargo de Dany Royo, acompañado de Pablo Ocampo. Ambos interpretarán as mellores versións dos anos 80 e 90 do pop rock español.

Ás 22.00 horas haberá sesión de noite con servicio de comida: pulpo, paella e carne á brasa e será a quenda de Tato&Espiño con pop&rock classics e de Sodavand, interpretando O millor dos esplendorosos 70.

festival musical interxeracions
0.18494296073914