Olivas Negras representará 'O rapto da Befana' na Casa da Cultura

SarriaXa
Será esta tarde de domingo, a partir das 20.00 horas, na Casa da Cultura de Sarria
Rapto-de-Befana-Sarria
29 sep 2024

No marco da III Mostra de Teatro Iván Tourón Moráis, durante a tarde deste domingo, 29 de setembro, representarase a obra ‘O rapto da Befana’ do grupo Olivas Negras.

Así, a partir das 20.00 horas a Casa da Cultura de Sarria acollerá esta actividade gratuíta para todas as persoas interesadas e que se queiran achegar a desfrutar dunha tarde de teatro.

Ademais, haberá unha sesión para colexios o luns, 3o de setembro, á sesión para coles á que acudirá o alumnado do Frei Luis de Granada, o colexio da Merced e o da Asunción o luns pola mañá ás 10.30 horas tamén na Casa da Cultura, onde despois haberá unha charla sobre igualdade.

A obra estará representada porSergio Alfonso, Germán Gundín, Rosa Puga, Pablo Carrera, Diego Roca e Leonor Sangabriel coa dirección de Nuriz Sanz.

0.071440935134888