Organízase unha visita á Casa Casa-Museo Eulogio de Laiosa coa Furgoteca

SarriaXa
A actividade desenvolverase este xoves, 11 de xullo, entre as 11.00 e as 15.00 horas
A-Furgoteca-O-Incio
A-Furgoteca-O-Incio
9 Xul 2024

Este xoves, 11 de xullo, terá lugar unha actividade a través da Furgoteca da Xunta na que se fará unha visita á Casa-Museo Eulogio de Laiosa.

Desta maneira, desde o servizo de Bibliotecas Móbiles de Galicia animan a acompañarlles a recuperar a memoria colectiva coas fotos antigas, traballos e máquinas relacionadas coa agricultura, teares, labores de transformación do liño, madeira e ferro.

Desta maneira, poderán participar ata 30 persoas que confirmen a súa asistencia o xoves 11 de xullo de 11.00 a 15.00 horas a través do número 621 308 856.

0.16932582855225