Os albaceteños de True Enemy aterran en Sarria o sábado 19

SarriaXa
El grupo de Albacete True Enemy actuará en Sarria el sábado 18 de marzo a las 23.00 horas en el local social de la Asociación Rúa da Música.
true enemy
true enemy
16 Mar 2022

A Asociación Rúa da Música de Sarria segue o ciclo de concertos anuais cos que busca celebrar o seu décimo aniversario. Será este sábado 19 de marzo cando o grupo de música True Enemy encha o local social de música e bo ambiente.

O sábado, ás 23.00 horas chegará a Sarria o grupo True Enemy unha banda de Albacete que presentará o seu novo álbum Vultures. Os artistas absorberon fontes do punk, hard rocj grunge para crear un son único, compacto, clásico e certeiro.

“ Vultures” supón un salto no son da banda Albaceteña. “ All Of Them” foi o seu primeiro adianto, un atropelo case mortal no que o seu son, respecto a o seu álbum debut, varía en afinacións pero mantén unha forza natural intacta.

A Asociación Rúa da Música pretende promover a cultura e o talento da vila e da contorna. Neste ano está a editar un disco no que se recollerán temas dos grupos que pasaron pola Asociación durante os seus dez anos de vida, ademais, ofrecerá diferentes concertos co fin de crear un ambiente festivo e musical en Sarria.

0.17387104034424