Os alumnos do colexio de La Merced celebran o día do seu fundador
O Colexio La Merced de Sarria, centro concertado de educación infantil, primaria e secundaria, vén de celebrar o pasado venres 6 de maio o día do seu fundador, San Pedro Nolasco. Despois de máis de dous anos sen poder celebrar a festividade como se merece pola pandemia do Covid-19.
Por primeira vez tras moito tempo, os nenos de todo o colexio reuníronse na pista exterior para celebrar a primeira eucaristía conxunta dos dous últimos anos, dando as gracias por poder estar xuntos de novo.
Os rapaces de Educación Infantil, pola súa parte, tiveron unha pequeña representación da vida de Pedro Nolasco e de cómo se fundou a orde de La Merced, con frai Andrés exercendo de narrador.
Despois da eucaristía, aproveitando a boa meteoroloxía e a mañá soleada, continuou a festa con multitude de xogos e sorpresas nas que os alumnos de terceiro e cuarto de ESO foron os encargados de sorprender aos seus propios compañeiros preparandos as xymkanas nas que tomaron parte os alumnos de Infantil, Primarias e o resto de cursos de ESO.