Os colexios do Páramo e de Paradela contarán cun museo virtual da man da Fundación María José Jove

SarriaXa
A Fundación María José Jove seleccionou aos colexios do Páramo e de Paradela para formar parte do seu programa ‘O MUV na escola rural’, un proxecto que permitirá ao alumnado desfrutar da intelixencia artificial a través dun museo virtual.
intelixencia artificial coles Páramo e Paradela
intelixencia artificial coles Páramo e Paradela
5 Dec 2023

A Fundación María José Jove seleccionou aos colexios do Páramo e de Paradela para formar parte do seu programa ‘O MUV na escola rural’, un proxecto que permitirá ao alumnado desfrutar da intelixencia artificial a través dun museo virtual.

Así, a Fundación facilitará un ordenador e gafas de realidade virtual durante tres meses, entre os meses de xaneiro a xuño de 2024, para que o alumnado e os docentes poidan visitar este museo virtual e coller del os recursos para a formación compartida.

Os nenos e nenas que terán acceso a este curso serán os do segundo ciclo de Educación Infantil e no primeiro ciclo de Primaria, onde os pequenos do rural poderán descubrir a arte contemporánea e co obxectivo de promover a cultura de maneira próxima.

Desde a Fundación defenden que o acceso a arte contemporánea permite potenciar o pensamento artístico, fomentar a conciencia ambiental e utilizar as prácticas artísticas como ferramentas transversais nos centros educativos, introducindo estas novas tecnoloxías nos centros como ferramentas interactivas.

0.13153409957886