Os comerciantes de Sarria sortean catro ceas polo Día dos Namorados

SarriaXa
Lanzan a campaña Namórate da hostalería, con motivo do Día dos Namorados, para apoiar a hostalería e incentivar as compras no pequeno comercio
cartel san valentín comerciantes Sarria
cartel san valentín comerciantes Sarria
5 feb 2021

A asociación Centro Comercial Urbano de Sarria (CCU) vén de poñer en marcha a campaña Namórate da hostalería, con motivo da celebración do Día dos Namorados, o vindeiro 14 de febreiro.

Con ese motivo, os comerciantes sortean catro ceas románticas entre os clientes que fagan as súas compras nos seus establecementos asociados desde o 14 ao 14 de febreiro.

Coa campaña Namórate da Hostalería, CCU quere mostrar o seu apoio á hostalería, un sector practicamente paralizado nestes momentos por mor da pandemia da covid-19, ao tempo que incentivan as compras no pequeno comercio do municipio.

Os gañadores dalgunha desas catro ceas para dúas persoas poderán escoller o día no que gozar do premio ao longo de todo este 2021. O sorteo para coñecer os nomes dos afortunados será o mércores 17 de febreiro.