Os Esmorga DJ’s poñerán a música á sesión vermú do V Malicounda Teranga en Sarria

SarriaXa
Hospitaleros Sin Fronteras anuncia unha proposta musical solidaria que se celebrará o 6 de xuño a partir das 13:00 horas
Mercadillo-solidario-Malicounda-Teranga-sarria
18 May 2026

Hospitaleros Sin Fronteras anunciou que os Esmorga DJ’s serán os encargados de poñer banda sonora á sesión vermú do V Malicounda Teranga, unha cita solidaria que terá lugar o vindeiro 6 de xuño en Sarria.

A programación musical arrancará ás 13:00 horas cunha selección de temas a cargo dos responsables do coñecido festival Esmorga, que leva unha década enchendo Sarria de música e ambiente festivo. A organización destaca que o público poderá desfrutar dunha proposta baseada en himnos indie, rock alternativo, electrónica elegante e cancións pensadas para cantar e bailar durante toda a sesión vermú.

Desde Hospitaleros Sin Fronteras subliñan que esta actividade combinará música e solidariedade nun ambiente festivo e aberto ao público, consolidando unha vez máis o espírito participativo do Malicounda Teranga.

0.11094498634338