Os 'influencers' Pepe e Lucas imparten unha charla no IES Xograr Afonso Gómez de Sarria

SarriaXa
Baixo o nome de 'Reflexos compartidos', falarán sobre diversos temas, como os perigos das redes sociais e de internet
IES-Xograr-Afonso-Gómez-Sarria
IES-Xograr-Afonso-Gómez-Sarria
11 Xuño 2024

O IES Xograr Afonso Gómez de Sarria acolle hoxe unha charla impartida polos ‘influencers’ Pepe e Lucas baixo o nome de ‘Reflexos compartidos’.

Nela, os dous rapaces influíntes falarán sobre diversos temas, como os perigos das redes sociais e de internet, así como ofrecerán o seu punto de vista sobre a figura do creador de contido.

Desta maneira, todo o alumnado do centro pode asistir a este evento no que poderán aprender todo o necesario para dedicarse ao mundo das redes sociais, cada vez máis atraínte, pero sabendo tamén o que conleva.

Esta iniciativa servirá como antesala do festival Ultreia et Suseia, que este ano se desenvolverá entre os días 15 e 20 de xullo, coordinado por Etiqueta Negra un ano máis, e coa colaboración do Concello, da Xunta e da Deputación de Lugo.

0.074928045272827