Os locais de hostalaría de Sarria xa poden inscribirse no XVI Concurso de Tapas Tapicheo

SarriaXa
O prazo para inscribirse XVI Concurso de Tapas Tapicheo do Concello de Sarria xa está aberto ata o vindeiro xoves para que os establecementos de hostalaría poidan formar parte da iniciativa, que se desenvolverá entre os días 5 e 9 de decembro.
tapas comida
17 Nov 2023

Nesta edición, a organización determinou que o horario mínimo de servizo das tapas será de 20.00 a 23.00 horas e que o prezo por unidade deberá situarse entre os 2 e os 3 euros.

Forma de inscrición

Os interesados en participar no certame, os bares, deberán ingresar unha cota de inscrición de 30 euros na conta de ABANCA ES94 2080 0143 3231 1000 0072. Ademais, deberán indicar no concepto a palabra Tapicheo, seguida do nome do establecemento.

Tamén deberán aboar outros 30 euros adicionais na axencia Halcón Viaxes, situada na Rúa Diego Pazos número 32, como contribución para a viaxe que se sorteará entre os clientes que presenten as súas tarxetas seladas por un mínimo de 15 establecementos.

Unha vez realizados os pagamentos, os locais deberán presentar no Rexistro Xeral do Concello ou ben a través da sede electrónica o formulario de inscrición que se pode atopar na páxina web do Concello.

0.061589002609253