Os Meigallos abre as inscricións para o XIX Torneo de fútbol sala de 2026 en Sarria

O club Os Meigallos F.S. xa prepara unha nova edición do seu tradicional torneo de fútbol sala coa convocatoria do XIX Torneo Os Meigallos 2026, unha cita deportiva consolidada que volverá celebrarse en Sarria os días 19, 20 e 21 de xuño de 2026.
Baixo o lema A maxia do fútbol sala, a entidade organizadora abre o prazo de inscrición para os equipos interesados en participar nesta competición, dirixida ás categorías de base. O torneo contará con partidos en prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, infantil feminino, cadete e xuvenil.
As persoas interesadas en formalizar a súa participación poderán contactar coa organización a través dos teléfonos 633196855 (Álvaro), 681050823 (Saúl), 630433756 (Violeta) e 636044283 (Poy), así como no correo electrónico osmeigallos@yahoo.es.
O prazo para realizar as inscricións permanecerá aberto ata o día 12 de xuño de 2026. Desde o club destacan unha vez máis esta cita como un referente para o fútbol sala base, reunindo cada ano a numerosos equipos e xogadores nun ambiente deportivo e festivo.