Os nenos do campamento do Incio preparan unha festa de despedida

SarriaXa
Os nenos e nenas do Incio desfrutan do seu campamento de verán organizado polo Concello do Incio e impartido por Creados
Campamento Incio
Campamento Incio
30 ago 2023

Os nenos e nenas do Incio que están a participar no campamento de verán organizado polo Concello do Incio e impartido pola entidade Creados, especialista en actividades de lecer para os máis pequenos, farán unha festa de despedida.

Esta cita será mañá, xoves, a partir das 12.00 horas no antigo mercado gandeiro. Ademais organizarán un mercadillo solidario con obxetos creados por eles mesmos durante o campamento.

Con este campamento, que se desenvolveu os meses de xullo e agosto, as familias do Incio poderán conciliar a vida laboral e familiar.

Durante estes campamentos, os veciños e veciñas do Incio máis pequenos comparten o seu tempo, fan amigos, aprenden labores básicas, así como desfrutan das actividades e das saídas programadas.