Os nenos e nenas do CEIP Eduardo Cela Vila serán os pregoeiros da XIV Feira de Artesanía de Triacastela

SarriaXa
A Asociación de Mulleres Rurais e a Asociación de Artesás Artelar visitaron o alumnado no seu primeiro día de colexio para comunicarlles a súa elección
nenos-de-Triacastela-pregoeiros-Feira-Artesania-26
12 Sep 2026

Os nenos e nenas do CEIP Eduardo Cela Vila serán os encargados de dar o pregón da XIV Feira de Artesanía e Produtos da Zona de Triacastela, que se celebrará o vindeiro 26 de setembro coa organización da Asociación de Mulleres Rurais e a Asociación de Artesás Artelar e a colaboración do Concello de Triacastela.

As dúas asociacións foron as encargadas de comunicarlles persoalmente a noticia aos pequenos, para o que acudiron ao centro educativo no seu primeiro día de colexio. Deste xeito, o alumnado será protagonista dunha das citas máis destacadas do calendario da localidade.

A feira contará ao longo da xornada cun programa de actividades pensado para públicos de todas as idades. Veciños e visitantes poderán participar en diferentes obradoiros, degustacións, actuacións musicais e outras propostas destinadas a dinamizar a xornada e poñer en valor a artesanía e os produtos da zona.

Entre as actuacións musicais xa anunciadas figuran as de Antonio Barros e a Louband de Sarria, que formarán parte da programación desta décimo cuarta edición da feira.

0.14496397972107