Os organizadores da Ruta BTT Corga's anuncian máis detalles sobre os trazados

SarriaXa
Concretamente, detállanse as subidas e avituallamentos que se atoparán os participantes da ruta curta
Ruta-Corga-DHG-Team-Sarria
25 sep 2024

O Club DHGalicia, que xa abriu o prazo de inscrición para participar na súa nova ruta que se desenvolverá o vindeiro 13 de outubro baixo o nome de Ruta Corga`s de Sarria 2024; dá máis detalles sobre as dúas distancias que se percorrerán.

Os percorridos, ciclables e adaptados a todo tipo de bikers transcorrerán polos concellos de Sarria e Láncara, e será unha curta, de 35 kms cun desnivel de 700+; e unha longa, cunha distancia de 55 kms e un desnivel de 1500+.

En ambas rutas contarase con bolsa do corredor, avituallamentos sólidos/líquidos, ambulancia, voluntarios sinalizando os cruces e, ao remate, haberá pinchos para todos con algunha sorpresa.

Con respecto á curta, ao saír de Sarria terá unha primiera parte moi “pistera” e chá, compartindo percorrido coa ruta longa ata o km 7,5, onde ambas rutas se separan. Aquí empeza a primeira subida da ruta curta, con bo e ancho firme, que leva ao primerio avituallamiento, para despois buscar unha baixada sen moita dificultade e cun sendeiro a través dunha carballeira apto para todos os participantes.

Despois, haberá unha zona de terreo chán e despois haberá unha segunda subida, na cal unha parte é sendeiro e a outra é pista, para chegar no km 12,5 ao segundo avituallamineto. Aquí comenza a segunda parte da ruta, compartida de novo coa longa, que será de sendeiro chán e camiños forestais en baixada, para logo ter unha zona cómoda ata o km 22, onde comenza a terceira subida da ruta. A baixada será cómoda, pero haberá unha zona para os máis atrevidos.

Xa no kilometro 27 estará o terceiro avituallamiento e comenzará a última subida ao famoso monte de Santa Cristina. Nesta ultima subida haberá dúas opcións para baixar ata Sarria por sendeiros. Para finalizar a ruta, entrarase en Saria bordeando os ríos que a rodean por sendeiros totalmente cháns e bonitos, finalizando a ruta no Chanto.

Ademais, aproveitando que o club DH Galicia ten unha escola de nenos, ese mesmo día levarán a cabo tamén unha ruta infantil polos arredores de Sarria, totalmente cha e sen dificultades, orientada aos máis cativos, entre 1 e 16 anos, aínda que os menores de 14 anos deberán ir acompañados por un adulto.

0.10420799255371