Os organizadores do Esmorga Fest presentan o cartel definitivo do festival

SarriaXa
Os organizadores do Esmorga Fest presentan o cartel definitivo do festival, que conta con quince grupos e artistas musicais
esmorga fest sarria festival
esmorga fest sarria festival
24 abr 2023

O Esmorga Fest presentou o seu cartel definitivo para a súa celebración os días 19 e 20 de maio, mantén o formato das últimas edicións, con concertos de pago na Sala Litmar e actuacións gratuítas en La Unión.

Así, o venres 19 terá lugar no Escenario SON Estrella Galicia “Sala Litmar” a actuación de Toundra, VVV, La Plata First Breath Afeter Coma, Víbora, John Axiom e Pálida.

Pola súa parte, o día 20, sábado, actuarán Los Punsetes, bdrmm, Cora Novoa, Yawners, Last Day Of April, The Parrots e Lagoon no Escenario SON Estrella Galicia “Sala Litmar”; e Grande Amore, Charnego, Ghouljaboy, Castro e Don Gonzalo no Escenario “La Union”.

O apoio económico da área de Cultura da Deputación de Lugo garantiu a continuidade do evento, que está entre os mellor valorados de Galiza e do resto do Estado no seu formato e que conta cunha gran implicación e apoio da veciñanza e do tecido asociativo e empresarial de Sarria.

Cartel Esmorga Fest