Os populares defenden a consolidación da FP na provincia con preto de 7.300 matriculados este curso

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
A Xunta vén de aprobar, cun investimento de 30M€, o novo Plan Innova FP Galicia 26-30, que incide na innovación e investigación
fp-provincia-de-lugo-nicole
4 May 2026

O PPdeG salienta a consolidación da Formación Profesional na provincia de Lugo, con preto de 7.300 matriculados, un 4% máis que o curso anterior, o que reforza o seu papel como garantía de emprego para a mocidade e motor económico provincial.

Os deputados do Grupo Parlamentario Popular, Nicole Grueira e Enrique Barreiro, puxeron en valor “o éxito do modelo educativo da Xunta” e apuntaron que estas cifras contribúen ao récord histórico de máis de 71.200 alumnos en toda Galicia. Así, referíronse aos máis de 1.400 alumnos matriculados na comarca da Mariña, aos preto de 850 da comarca de Lemos-Chantada-Quiroga e aos máis de 5.000 na área de Lugo. “A FP pasou de ser unha opción secundaria a converterse na opción preferente”, sinalou Nicole Grueira.

Neste punto, incidiron en que este auxe vén motivado por unha oferta formativa ampla, cada vez máis adaptada ás necesidades da sociedade e da economía. “Perséguese un dobre obxectivo: facilitar o emprego á mocidade e proporciona profesionais ben formados á economía galega”, apuntou Enrique Barreiro. Para os deputados populares, a opción pola Formación Profesional é, hoxe, “garantía de emprego” para a mocidade da provincia, xa que, tal e como subliñaron, o seu prestixio vai acompañado da confianza das empresas e do tecido produtivo.

Neste punto, fixeron fincapé no pulo do Goberno galego a programas como o Plan Conecta, que permite aliñar a formación coas demandas reais do mercado laboral e coas oportunidades de desenvolvemento de cada territorio; así como tamén á incorporación de novas modalidades, máis flexibles e especialidades, como son o caso da FP Dual intensiva, os másters de FP ou os programas de alta especialización.

Así mesmo, destacaron o esforzo inversor que o Executivo autonómico fai neste eido, ao destinar case 30M€ ao novo Plan Innova FP Galicia 26-30, presentado recentemente, e que buscar dar impulso á innovación e á investigación.

0.12025785446167