Os propietarios de vehículos agrícolas do Páramo xa poden pasar a ITV

SarriaXa
Unha unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas desprazarase ata o Concello do Páramo para revisar a maquinaria dos veciños que se dedican ao sector agrícola e gandeiro.
18 Xan 2023

Unha unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas desprazarase ata o Concello do Páramo para revisar a maquinaria dos veciños que se dedican ao sector agrícola e gandeiro.

Desde hoxe, mércores 18 de xaneiro, e ata o vindeiro 24 de xaneiro, os veciños do Páramo poderán levar o seu vehículo agrícola ata o polideportivo, onde estará a ITV en horario de mañá, de 9.00 a 13.30 horas, e de tarde, de 15.15 a 18.00 horas.

Pódese pedir a cita a través do teléfono 902 30 90 00 ou a través da páxina web da cita da ITV.

0.14710187911987