Os socialistas de Sarria critican que o Goberno local "non sexa capaz de contar coa oposición para chegar a acordos"

SarriaXa
Benjamín Escontrela, voceiro municipal do PSdeG en Sarria, denuncia que a falta de diálogo do Goberno local “prexudica á veciñanza” e di que é "incapaz de contar coa oposición para tratar de chegar a acordos que beneficien aos cidadáns", e acusouno de ser o único responsable da parálise municipal.
Benjamín Escontrela, PSOE Sarria
5 Dec 2023

Benjamín Escontrela, voceiro municipal do PSdeG en Sarria, denuncia que a falta de diálogo do Goberno local “prexudica á veciñanza” e di que é "incapaz de contar coa oposición para tratar de chegar a acordos que beneficien aos cidadáns", e acusouno de ser o único responsable da parálise municipal.

“Din que lles facemos a pinza, pero eu nunca vin cousa igual, están gobernando en minoría e nin tan sequera chaman para buscar apoios e conseguir consensos. Teñen que poñerse a traballar dunha vez polos veciños e veciñas”, valorou o socialista, que sinalou ao Goberno local como o único responsable da parálise municipal. “Levan medio ano perdido e Sarria non o pode permitir, a vila está paralizada pola falta de vontade do Goberno local”, reprochou.

Desde o PSOE din que no pleno da semana pasada non saíron adiante cuestións importantes para a localidade como a actualización do IPC nas taxas do matadoiro municipal ou o requirimento dun estudio luminoso para a vila por este motivo.

“A día de hoxe quen está a bloquear e a entorpecer sistematicamente a xestión municipal é o propio Concello. É incrible, pero é así. Non hai diálogo e nun Goberno en minoría debería ser unha cuestión do seu día a día,  imprescindible”, concluíu.

0.15655303001404