Os veciños de Laiosa, no Incio, pasárono "moi ben" no magosto da asociación

SarriaXa
Mari, presidenta da Asociación, di que o pasaron "moi ben", xa que ademais de comer as castañas, desfrutaron dunha xornada divertida de confraternización entre a veciñanza
magosto-Asociación-Cultural-de-Laiosa-do-Incio
28 Nov 2024

A Asociación Cultural de Laiosa celebrou o seu magosto este pasado sábado, 23 de novembro, cunha gran participación da veciñanza, tal e como sosteñen desde o colectivo dinamizador da parroquia do Incio.

Así, Mari, presidenta da Asociación, di que o pasaron "moi ben", xa que ademais de comer as castañas, desfrutaron dunha xornada divertida de confraternización entre a veciñanza.

O xantar popular, o photocall na entrada do seu local e o xogo do desafío, unha iniciativa interxeracional "con moita risa, pericia e talento"; foron os pratos fortes do evento, que contou, ademais, con premios "xenuínos". E, para rematar o día, houbo música e chocolatada.

0.16049790382385