Os veciños de Triacastela asistiron a unha xornada sobre a ratatoupa

SarriaXa
O Concello de Triacastela acolleu unha formación técnica sobre a ratatoupa co fin de promover os coñecementos básicos sobre este animal
xornada ratatoupa
7 Nov 2021

Na xornada de onte o Concello de Triacastela acolleu unha formación técnica sobre a ratatoupa.

Esta actividade quería promover os coñecementos básicos sobre este animal e cales son as medidas a seguir no caso dunha infestación. A programación foi a seguinte: Ás 10.00 horas inaugurouse a xornada a cargo da alcaldesa e o presidente da SGPF para que media hora máis tarde Pablo Iglesias, Xefe do Servizo de Explotacións de Lugo fixera a súa ponencia sobre as Actuacións da Consellería do Medio Rural. Ás 11.00 horas Pablo Sánchez, Sara Ruiz e Irene Ortiz da Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago de Compostela fixeron una proposta de loita ecolóxiga fronte a praga da ratatoupa. A continuación, os asistentes escoitaron a Aitor Somoano, investigador da área de sanidade do SERIDA que falou sobre as prácticas de control poboacional na ratatoupa. Tras a pausa do café os cambios agrícolas e a poboación de pequenos mamíferos foi o tema central a cargo de Patrick Giraudoux, Chono.environment lab, da Université de Franche-Comte. E, por último, foi Geoffroy Couval, FREDON de Bourgogne Franche-Comté e Chono-environment lab da Université de Franche-Comté o que explicou a práctica no control dos pequenos mamíferos.

O xantar foi no Restaurante Xacobeo e tras o tempo de lecer ás 16.00 horas os asistentes visitaron un campo con zonas afectadas.

xornada ratatoupa
0.15435314178467