Os vindeiros 15 e 16 de maio celébranse as grandes festas do Val do Mao do Incio

SarriaXa
As grandes festas do Val do Mao do Incio celebraranse os vindeiros 15 e 16 de maio na honra a San Eufrasio.
Festas do Incio (1)
10 Maio 2024

As grandes festas do Val do Mao do Incio celebraranse os vindeiros 15 e 16 de maio na honra a San Eufrasio.

Así, o día 15 comezará a xornada coa misa ás 11.00 horas e a misa maior ás 11.30 horas, seguida da procesión e da sesión vermú, amenizada polo Grupo de Gaitas e o Dúo Estrelas. Ademais, ao mediodía, sobre as 15.00 horas, terá lugar a comida popular amenizada polo Dúo Estrelas.

Pola súa parte, o xoves 16 de maio tamén haberá misa maior ás 13.30 horas seguida de procesión e sesión vermú a cargo do Grupo Punto Clave. Por último, ás 22.00 horas haberá festa e verbena amenizada polo Dúo Dilema e o Grupo Punto Clave.

0.17774415016174