Os vindeiros 5, 6 e 7 de maio terán lugar as Grandes Festas do Incio
O Incio celebra as súas festas os vindeiros 5, 6 e 7 de maio nas que contarán con diferentes actuacións e actividades para todos os públicos.
Así, o venres 5 de maio a partir das 21.00 horas os asistentes poderán desfrutar dunha cea na que haberá pancetada e queimada, así como a actuación do grupo Lume.
Pola súa parte, o sábado a festa durará todo o día, comezando antes de comer cunha sesión vermú, á tarde festa e verbena de noite, todo o día amenizado coa música dos grupos Jaque e Claxxon.
Por último, o domingo 7 de maio, terá lugar a posta en escena da Coral Sarricanta e pola tarde será o turno do grupo musical Louband, que pechará as festas grandes do Incio.
Esta non é o único evento do mes, O Incio acollerá os vindeiros 15 e 16 de maio as festas do Val do Mao, organizadas pola asociación de veciños que leva o mesmo nome.