Os vindeiros 7 e 8 de outubro terán lugar as Festas do Rosario de Sarria

SarriaXa
As Festas do Rosario volven a Sarria os vindeiros días 7 e 8 de outubro da man dos seus organizadores, na rúa Gran Vía e no aparcadoiro municipal.
Festas Rosario
Festas Rosario
20 sep 2023

As Festas do Rosario volven a Sarria os vindeiros días 7 e 8 de outubro da man dos seus organizadores, na rúa Gran Vía e no aparcadoiro municipal.

O sábado 7 a xornada acollerá unha queimada popular amenizada coa actuación do DJ Patakiña para que os veciños e veciñas e asistentes á festa poidan desfrutar dunha noite de música e festa.

O domingo será o día grande, que comezará coa misa ás 12.00 horas, na que actuará o Coro Sarricanta, e trala que virá a procesión da man de Meigas e Trasgos. Despois da sesión vermú, na que actuará Tania Veiras, haberá unha comida popular. Pola tarde, actuará a Cé Orquestra Pantasma e haberá unha zona de foodtruck e de pintacaras para os nenos. Por último, actuará a banda Louband e volverá Tania Veiras para a noite.

0.17382287979126