Panorama, Olympus e Los Satélites actuarán durante as festas de San Xoán de Sarria

SarriaXa
Panorama, Olympus e Los Satélites actuarán durante as festas de San Xoán de Sarria do 23 ao 27 de xuño deste ano
San Xoán Sarria
San Xoán Sarria
27 mar 2023

As festas do San Xoán de Sarria celebraranse os días 23 e 27 de xuño, tal e como anunciou a concelleira de Festas de Sarria, María Eugenia Valcárcel.

Este evento repetirá a localización do ano pasado, na rúa Castelao e a súa contorna tras a “excelente acollida” que tivo o ano pasado.

A concelleira avanzou que o programa de actuacións musicais “está moi avanzado” e resaltou que entre as orquestras xa contratadas figuran nomes como Panorama, Olympus e Los Satélites.