Paradela acolle a XXXIII Feira de Ano e San Isidro o vindeiro 15 de maio
O vindeiro 15 de maio celébrase a XXXIII Feira de Ano e Festa de San Isidro de Paradela, que incluirá diversas actividades culturais, como a Feira de maquinaria agrícola e a Feira de Artesanía no recinto feiral.
Todo comezará ás 10.30 horas coa chegada de gando ao Multiusos para que as persoas que se acheguen poidan ver as reses a partir das 11.00 horas. Xa ás 12.00 horas terá lugar a actuación da Charanga de Paradela.
Pola tarde, ás 17.00 horas, haberá un desfile de carros, gando e cabalos do país acompañados pola Banda de Paradela e ás 17.30 horas terá lugar a misa no Campo da Feira. De novo, a Banda de Paradela actuará ás 19.00 horas e ás 20.00 horas será a quenda da Orquestra Los Satélites.
Para rematar o día, haberá degustación de Tenreira Galega Suprema, pan de Paradela e viño da Ribeira Sacra nunha cea popular e ás 23.00 horas terá lugar a festa e verbena coa orquestra.