Paradela acollerá o 6 de xuño a V Carreira Popular dentro do Circuíto Miño-Ulla

SarriaXa
A proba contará con carreira absoluta, andaina e categorías de menores, con inscrición aberta ata o 4 de xuño
Carreira-popular-Paradela-2025
29 May 2026

Xa está aberto o prazo de inscrición para a V Carreira Popular de Paradela, unha das probas incluídas no XII Circuíto Miño-Ulla de Carreiras Populares, que se celebrará o vindeiro 6 de xuño no municipio.

A xornada deportiva contará con diferentes modalidades. Ás 18:00 horas disputarase a carreira absoluta, cun percorrido de 8.000 metros. Posteriormente, ás 18:15 horas terá lugar a andaina popular, mentres que ás 19:30 horas será a quenda das categorías de menores, con distancias comprendidas entre os 100 e os 1.000 metros.

O evento inclúe agasallo para todas as persoas participantes, así como premios para os tres primeiros clasificados de cada categoría. Na categoría de menores entregarase ademais unha medalla conmemorativa. Tamén se establece un premio para o primeiro ou primeira clasificada de maior idade e para o primeiro corredor ou corredora local.

A inscrición deberá realizarse de forma online a través da web www.championchipnorte.com, sendo a data límite o 4 de xuño.

0.11612987518311