Paradela acolleu a entrega de premios do XXIX certame literario Manuel Oreste Rodríguez López

SarriaXa
O acto contou coa colaboración musical de Martín Vázquez, director da Banda de Paradela, que interpretou ao trombón pezas de P. Tchaikovski e Schubert
certame-literario-Manuel-Oreste-de-Paradela
22 Dec 2024

Paradela acolleu a entrega de premios do XXIX certame literario Manuel Oreste Rodríguez López, un acto no que os premiados leron anacos dos seus traballos.

No evento estivo a alcaldesa Montserrat Mulet Sar; o secretario xeral da Lingua da Xunta de Galicia, Valentín García Gómez; aos que acompañaron os membros do xurado Ángel Fernández, Antonio Giz e Xulio Xiz, o xefe territorial de Cultura da Xunta de Galicia, Manuel Antonio Fernández, e os representantes da Familia, Irene López, viúva do escritor homenaxeado e o seu neto, Carlos Rodríguez.

O acto contou coa colaboración musical de Martín Vázquez, director da Banda de Paradela, que interpretou ao trombón pezas de P. Tchaikovski e Schubert.

Na súa intervención, a rexedora de Paradela expresou o sentimento do Concello e dela mesma polo pasamento de dous membros do xurado (Xesús Mato, Fillo Predilecto de Paradela, e Santiago Rodríguez, Fillo adoptivo a título póstumo), e a satisfacción por incorporar ao xurado da próxima edición a Xaime Félix López Arias, Arlindo, historiador e escritor con raíces en Paradela, e a Carlos Rodríguez Otero, musicólogo, neto de Manuel Rodríguez López; así como a Irene López, viúva do escritor que dá nome ao Certame, como presidenta de Honra.

Ademais, mostrou a súa satisfacción por que “o novo Auditorio de Lugo se chame 'Fuxan os Ventos', o que supón unha homenaxe permanente a Xesús Mato, inspirador e creador deste xa mítico grupo que revolucionou a canción galega a comezos dos anos setenta do século XX", concluíu.

0.16034889221191