Paradela celebra a Festa de Reis cunha tarde chea de actividades para a infancia no Mercado Gandeiro

SarriaXa
A chegada dos Reis Magos terá lugar ás 19:00 horas tras unha xornada con inchables e merenda chocolatada desde as 16:00 horas
Reis-Magos-Paradela
3 Jan 2026

O Concello de Paradela celebrará o vindeiro 6 de xaneiro a tradicional Festa de Reis cun amplo programa de actividades pensado especialmente para a infancia, que se desenvolverá durante toda a tarde no Mercado Gandeiro da localidade. A xornada festiva dará comezo ás 16:00 horas coa apertura dos inchables, ofrecendo un espazo de lecer no que os nenos e nenas poderán xogar e desfrutar nun ambiente familiar.

Ao longo da tarde tamén haberá unha merenda chocolatada, concibida como un momento para compartir e gozar en comunidade, antes do instante máis esperado do día. Ás 19:00 horas está prevista a gran chegada dos Reis Magos de Oriente, que farán a súa entrada no recinto para saudar aos máis pequenos e proceder á entrega dos agasallos.

A organización informou de que os agasallos poden entregarse previamente no concello os días 31, 2 e 5, aínda que tamén se habilitará ese mesmo día pola tarde un espazo específico para depositalos de forma discreta. Para unha mellor organización do evento, solicítase confirmar a asistencia a través da ANPA San Miguel de Paradela, entidade organizadora xunto co Concello de Paradela.

⚙ Configurar cookies
0.073303937911987