Paradela celebrou a súa XXXIII Feira de Ano e Festa de San Isidro

SarriaXa
Moitas actividades formaron parte da xornada, que acolleu decenas de veciños e veciñas que se achegaron a desfrutar
San-Isidro-Paradela-2024
San-Isidro-Paradela-2024
16 Maio 2024

Paradela acolleu a XXXIII Feira de Ano e Festa de San Isidro, na que participaron decenas de veciños e veciñas do municipio que se achegaron a desfrutar da exposición de gando, que chegou ao Multiusos ás 10.30 horas e ás 12.00 horas púidose ver a actuación da Charanga de Paradela.

Pola tarde, ás 17.00 horas, houbo un desfile de carros, gando e cabalos do país acompañados pola Banda de Paradela e ás 17.30 horas celebrouse a misa no Campo da Feira. De novo, a Banda de Paradela actou ás 19.00 horas e ás 20.00 horas fíxoo a Orquestra Los Satélites.

A alcaldesa, Montserrat Mulet, acompañada de políticos do PP como Carmen José López, participou das actividades culturais, como a Feira de maquinaria agrícola e a Feira de Artesanía no recinto feiral, así como tivo lugar a degustación de Tenreira Galega Suprema, pan de Paradela e viño da Ribeira Sacra nunha cea popular.

0.16164088249207