Paradela e a Xunta estudan novas vías de promoción para os produtos agroalimentarios de calidade

SarriaXa
Montserrat Mulet reuniuse co director da Agacal e abordou tamén a organización da Feira de Ano e a Festa de San Isidro
Alemparte_Alcaldesa_Paradela
27 Apr 2026

A alcaldesa de Paradela, Montserrat Mulet, mantivo unha reunión co director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), Martín Alemparte, co obxectivo de analizar posibles liñas de colaboración orientadas á promoción dos produtos agroalimentarios con distintivos de calidade diferenciada.

Durante o encontro, ambas partes abordaron fórmulas para reforzar a visibilidade e posta en valor das producións vinculadas a selos de calidade, nun contexto no que o sector agroalimentario representa un dos principais motores económicos do medio rural.

Na reunión tamén se tratou a celebración da Feira de Ano e da Festa de San Isidro, citas destacadas no calendario festivo de Paradela que teñen lugar no mes de maio e que reúnen cada ano numeroso público.

Estes eventos inclúen actividades como mostras de gando e maquinaria agrícola, ademais de degustacións de produtos amparados por certificacións de calidade diferenciada, entre eles a Denominación de Orixe Ribeira Sacra ou a Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega.

Coa celebración destas iniciativas, Paradela busca seguir impulsando o sector primario e promocionando os produtos locais e galegos de referencia.

0.12914800643921