Paradela foi escenario dunha gran e tradicional Festa dos Avós

SarriaXa
Autoridades foron partícipes do acto de homenaxe a Xesús Mato, co descubrimento dunha placa que nomea ao Centro Polifuncional de Paradela na súa honra
Festa-dos-Avós-de-Paradela-2024
30 sep 2024

Paradela acolleu a XXIX Festa dos Avós do Concello de Paradela no mercado gandeiro, onde se reuniron centos de maiores de 65 anos do municipio para celebrar a festa a compartir este evento especial.

Este ano, a festa incluíu diversas actividades ao longo do día, comezando ás 11.30 horas coa recepción de autoridades e invitados, ás 12.00 hora a actuación da Banda de Música de Paradela e ás 12.30 horas o acto de homenaxe a Xesús Mato, co descubrimento dunha placa que nomea ao Centro Polifuncional de Paradela na súa honra, e coa actuación do Orfeón Lucense. De seguido, ás 13.30 horas, celebrouse unha misa, tamén coa participación do Orfeón Lucense.

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, participou na tradicional Festa dos Avós do concello de Paradela, onde presenciou o acto de lembranza a Xesús Mato, que foi fundador de Fuxán os Ventos e Medalla Castelao no 2018.

O xantar está programado para as 14.30 horas, momento no que se deron cita centos de persoas para compartir unha comida popular, e pola tarde, ás 17.00 horas, houbo sorteo de agasallos e unha nova actuación da Banda de Música de Paradela.

0.14935088157654