Paradela habilita unha campaña de recollida de plásticos agrícolas

SarriaXa
A iniciativa permitirá aos gandeiros desfacerse de plásticos de silo e invernadoiro no mercado gandeiro os días 9 e 10 de xuño
plasticos-agricolas
4 Jun 2026

O Concello de Paradela porá en marcha unha campaña especial de recollida de plásticos agrícolas co obxectivo de facilitar aos gandeiros a eliminación dos residuos xerados nas explotacións, especialmente plásticos de silo e de invernadoiro.

A recollida realizarase os días 9 e 10 de xuño de 2026 na explanada do mercado gandeiro do municipio, en horario de 9:00 a 14:00 horas, onde haberá persoal encargado de controlar o depósito dos materiais.

Só se admitirán plásticos de silo ou invernadoiro, que deberán entregarse en fardos debidamente atados e sen restos de terra, herba nin outros materiais. Tampouco se permitirá depositar rodas, garrafas ou calquera outro tipo de residuo distinto ao autorizado.

Desde o Concello insisten en que se trata dunha medida específica de xestión de residuos agrícolas, polo que non se poderán realizar novas descargas fóra das datas establecidas ata novo aviso.

0.11761593818665