Paradela reforza a cooperación coa Xunta na prevención de incendios e xestión da biomasa

SarriaXa
O municipio forma parte do convenio público que promove a limpeza das faixas secundarias próximas ás vivendas
Paradela-xestion-biomasa
13 Sep 2025

A Consellería do Medio Rural mantén a súa colaboración co concello de Paradela para avanzar na prevención dos lumes forestais e na correcta xestión da biomasa.

A conselleira, María José Gómez, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, reuniuse coa alcaldesa da localidade, Montserrat Mulet, para abordar as actuacións que se están a desenvolver no municipio.

Esta cooperación enmárcase no acordo asinado entre a Consellería, a empresa pública Seaga e a Federación Galega de Municipios e Provincias, que ten como obxectivo crear un sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias, aquelas máis próximas ás vivendas.

Paradela é un dos concellos adheridos a este convenio, que busca reforzar a seguridade da veciñanza e contribuír á prevención dos incendios forestais mediante a limpeza e mantemento destes espazos estratéxicos.

⚙ Configurar cookies
0.094649791717529