Parroquias de O Páramo e de Samos acollen esta fin de semana as festas de San Xoán

SarriaXa
Parroquias de O Páramo e de Samos acollen esta fin de semana as festas de San Xoán, en concreto en Friolfe e en Ponte de Louzara
verbena festa orquesta concerto
16 Jun 2023

A parroquia de Friolfe, no Páramo, e a parroquia de Ponte de Louzara, en Samos, acollen esta fin de semana as súas festas na honra a San Xoán.

No caso da parroquia do Páramo, o sábado, día 17, terá lugar unha gran verbena para todas as persoas asistentes amenizada por Tania y su acordeón.

Xa o 18, domingo, comezará a xornada coa misa maior ás 13.30 horas, que irá seguida da procesión e da sesión vermú a cargo do Grupo La Bamba, así como actuará a Orquestra Cinema.

Pola súa parte, na parroquia de Samos as festas serán o día 17, que comezará ás 13.30 horas coa misa maior, procesión e sesión vermú da man da charanga Os Chafalleiros. Xa pola tarde, ás 19.00 horas seguirá a festa coa mesma charanga e, despois, actuará o solista José Manuel (ex abanico) e virá a Disco Móbil Coco Music.

0.047163963317871