Parroquias do Páramo e Samos celebran este sábado festas veciñais

SarriaXa
Celébranse as festas da parroquia de Santandrea do Páramo na honra a San Pedro e en Portela de Lóuzara en Samos na honra a San Lorenzo
festas-fogos-artificiais-celebracion
9 Ago 2024

Este sábado, 10 de agosto, celébranse as festas da parroquia de Santandrea do Páramo na honra a San Pedro, na que se contará con inchables gratis para os nenos e nenas de 19.00 a 22.00 horas.

Así, comezará a festa ás 12.30 horas coa misa maior e sesión vermú co Grupo La Rosa, que tamén estará na sesión de tarde de 20.00 a 22.00 horas e volverá de novo ás 23.45 horas para rematar a festa.

Pola súa parte, o mesmo día, celebraranse tamén as festas de Portela de Lóuzara en Samos na honra a San Lorenzo, con misa ás 14.00 horas, pasarrúas e sesión vermú cunha charanga. Na sesión de tarde, a partir das 20.00 horas, terá lugar a festa-verbena con María Barral e Manolo Santín, e Recanteiros de Luar.

0.13728618621826