Participa na I Ruta Cicloturista dos Cabaleiros de Santiago o 11 de decembro en Paradela

SarriaXa
Participa na I Ruta Cicloturista dos Cabaleiros de Santiago o domingo 11 de decembro no concello de Paradela
ruta cicloturista paradela
ruta cicloturista paradela
16 Nov 2022

Con motivo do Bicentenario do Concello de Paradela, o municipio organizará o vindeiro domingo 11 de decembro a I Ruta Cicloturista dos Cabaleiros de Santiago que transcorre entre as paisaxes do concello.

Esta ruta cicloturista está deseñada especialmente para ser realizada con bicicletas BTT, isto é, bicicletas todo terreo deseñadas tanto para practicar deporte na montaña como para ir por camiños máis doados.

A entrega de dorsais para a ruta terá lugar o día 11 de decembro ás 08.30 horas no mercado gandeiro e sairase dende ese mesmo punto ás 09.30 horas.

A distancia total a percorrer é de 34 quilómetros e os servizos dos que disporán tódolos participantes serán duchas trala ruta, lavado de bicicletas, avituallamento durante o percorrido, servizo médico e poderán desfrutar duns pinchos ó rematar.

O prazo para inscribirse segue aberto ata o 07 de decembro e pódese realizar a través do código QR da imaxe, chamando ó teléfono 982 541 101 ou no seguinte enlace: https://forms.gle/oyGQ8Z81Jd5M72rG9

0.13384509086609