Peleriños organiza unha xornada de 'Aulas na Rúa' esta tarde

SarriaXa
A asociación sarriá anima a todas as persoas a achegarse e participar destas clases
peleriños-infantil
peleriños-infantil
11 Xuño 2024

A Asociación Peleriños organiza para esta tarde a partir das 20.30 horas unha nova actividade das 'Aulas na Rúa'.

Nesta ocasión, desenvolveranse no Malecón de Sarria clases de canto e de pandeireta, ás que se poderán achegar todas as persoas interesadas, polo que din: "Anímate a botar un ollo".

Estas aulas habituais de canto e pandeireta adoitan facerse nun local pechado, pero a idea desta iniciativa, na que colabora o Concello de Sarria, é que a xente da rúa poida achegarse e coñecer a actividade que se fai desde Peleriños e así poder decidir se no curso próximo queren apuntarse a algunha destas actividades.

Como explican desde a asociación, "é unha oportunidade para ver a dinámica das nosas aulas e animarte a reservar praza para o ano que vén".

 

0.14083290100098