Postais de Nadal sostibles elaboradas por alumnado de Triacastela

O alumnado de Primaria do CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela participou nun concurso de postais de nadal organizado pola Asociación Xesta Brava.
Estas postais foron elaboradas con materiais de refugo e por cada unha que se enviou, vaise plantar unha árbore autóctona, co que contruíron a respectar e preservar o medio ambiente, ademais de traballar a temática do Nadal.
Por outra banda, para premiar o gran esforzo que están a facer os nenos e nenas durante este primeiro trimestre, o profesorado e a ANPA, xunto con Eva, a limpadora do centro, organizaron unha saída a Lugo. Pola mañá, desfrutaron da película de Disney Mundo Extraño coa sempre estimosa compaña dos compañeiros do CEIP de Samos.
