Postais de Nadal sostibles elaboradas por alumnado de Triacastela

SarriaXa
Postais de Nadal sostibles elaboradas por alumnado de Triacastela do CEIP Eduardo Cela Vila
Concurso postais nadal 2022 Triacastela
Concurso postais nadal 2022 Triacastela
13 Dec 2022

O alumnado de Primaria do CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela participou nun concurso de postais de nadal organizado pola Asociación Xesta Brava.

Estas postais foron elaboradas con materiais de refugo e por cada unha que se enviou, vaise plantar unha árbore autóctona, co que contruíron a respectar e preservar o medio ambiente, ademais de traballar a temática do Nadal.

Por outra banda, para premiar o gran esforzo que están a facer os nenos e nenas durante este primeiro trimestre, o profesorado e a ANPA, xunto con Eva, a limpadora do centro, organizaron unha saída a Lugo. Pola mañá, desfrutaron da película de Disney Mundo Extraño coa sempre estimosa compaña dos compañeiros do CEIP de Samos.

Ao rematar a película comeron e, de seguido, comezaron unha tarde de auténtico desfrute no XuvenLugo, ubicado no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.
nenos triacastela xuvenlugo 2022
0.17536497116089