Preto de 60 artesáns déronse cita na XII Feira de Artesanía e Produtos da Zona de Triacastela

SarriaXa
O encargado de pronunciar o pregón foi o enxeñeiro de Montes Santiago Soria
XII-Feira-de-Artesanía-e-Produtos-da-Zona-de-Triacastela
29 sep 2024

Triacastela acolleu a celebración da XII Feira de Artesanía e Produtos da Zona na que participaron preto de 60 artesáns chegados desde moitos puntos da localidade e tamén das zonas próximas. O encargado de pronunciar o pregón foi o enxeñeiro de Montes Santiago Soria, quen lle puxo data ao castiñeiro centenario de Ramil, onde mercou unha casa tras facer o Camiño e namorarse de Triacastela.

Soria é ademais autor do libro 'Apuntes botánicos do Camino de Santiago', foi xefe de Xardíns e Parques e Montes de Patrimonio Nacional e do Palacio da Zarzuela. Tamén foi subdirector xeral de Parques e Xardíns do Concello de Madrid. Recibiu como agasallo unha figura do Peregrino e unha bolsa elaborada polos nenos e nenas do CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela.

No seu discurso declarouse un "tremendo namorado de Triacastela" e explicou que a celebración de hoxe supón tres marabillas: ser unha festa "universal" que reúne a xente da vila e de zonas próximas e a peregrinos de todo o mundo, o traballo a man dos artesáns que ensinan ao mundo a cultura material e inmaterial da zona e, en terceiro lugar, "a maxia, beleza e historia" que supón a propia vila de Triacastela.

Ademais dos numerosos postos nos que mercar produtos da zona, o programa da Feira completouse cunha exposición na Fonte do Lunar do Museo escolar do patrimonio triacastelá, varios obradoiros de Artesanía de Galicia, música tradicional cun grupo de gaitas, música e poesía a cargo de cantigaéversoou e a actuación dun contamaxia a cargo da Furgoteca.

0.18823194503784