"Punkdemia" chegou ao Páramo

SarriaXa
O espectáculo infantil de Peter Punk, un dos paiasos máis prezados en Galicia, triunfou este domingo de xuño no Páramo.
peterpunk
peterpunk
13 Xuño 2022

O espectáculo infantil de Peter Punk triunfou este domingo 12 de xuño no Páramo.

Cadrando coas XLIV de Primavera de O Páramo, Peter Punk chegou ata o Páramo para facer voar a imaxinación dos máis cativos do fogar. Ao redor das 19.30 da tarde deu comezo o show no Campo da Feira, o cal se prolongou entre sorrisos e xogos da man dun dos paiasos máis admirados de Galicia.

Peter Punk "conta con máis de 1000 funcións ás súas costas" que abranguen "distintos países, programacións e espazos" desde que fundou a súa compañía, aló polo ano 2003. Entre os seus espectáculos máis recoñecidos atópanse algúns como "A Chungatrona", ou "Peter Punk e o neno imperdible".

A súa presentación de onte contou co apoio da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Así mesmo, tamén colaborou o Concello do Páramo.

0.16340184211731